No GALP Golfo Ártabro Sur estamos á espera da resolución para poder cambiar a nosa EDLP o antes posible
No Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur
seguimos activos e traballando para realizar o cambio na nosa Estratexia
de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) o antes
posible e, deste xeito, ter financiación dispoñible de novo para
proxectos en todos os nosos eixos, especialmente no eido do obxectivo
estratéxico 1: mellorar a competitividade do sector pesqueiro,
consolidando a súa cadea de valor e garantindo o relevo xeracional.
Durante os
últimos meses o estivemos a realizar a nosa Avaliación Intermedia, co
obxectivo de realizar unha análise de tódalas accións levadas a
cabo ata metade do período de execución do programa de axudas actuais e,
deste xeito, coñecer o alcance da EDLP actual, que é o noso libro de ruta. A
partires desta información procurouse comprender as problemáticas e logros
acadados e, así, poder tomar as decisións ou modificacións oportunas para un
maior aproveitamento das accións desenroladas.
En canto se poidan realizar os
trámites administrativos de forma normal, poderemos volve a dar axudas nese
eixo, que agora temos esgotado.
Recordade que,
mentres dure esta situación de estado de alarma decretado polo presidente do
goberno ante a crisis do Coronavirus, poderemos atender a través das seguintes canles:
- Teléfono: 881 896 41
- WhatsApp: 617 867 820
- Redes sociais
Comentarios
Publicar un comentario