Consumir peixe fresco axuda a reforzar o teu sistema inmunolóxico





Durante estes días, que non queres saír moito á rúa, pode que a túa cesta da compra cambie un pouco e te decantes máis por produtos máis procesados como conservas ou conxelados, xa que resisten mellor o paso dos días. Sen embargo, durante este tempo de corentena, non debes descoidar a túa dieta, pois é o que fará que o teu sistema inmune estea preparado ante a chegada de posibles virus e bacterias. 
Por iso, queremos recordar a importancia de consumir peixe fresco. Peixe, polos seus numerosos beneficios para a saúde e, fresco, porque canto máis fresco sexa o produto mellor conserva as súas compoñentes e propiedades:



Necesitas máis motivos?
Durante as últimas semanas, o consumo de peixe fresco foi caendo e, con isto, tamén o seu prezo. Isto está poñendo contra as cordas a armadores e tripulantes, que quedaron sen mercado e con moi pouca marxe, véndose obrigada unha gran parte da frota a parar xa a semana pasada. 
Se consumes peixe fresco estás a axudar a que un sector tan importante como é o pesqueiro para España e, sobre todo, para Galicia siga a frote. 

Queres máis información sobre os beneficios do peixe? Sigue lendo! 
- O Omega-3 do peixe, especialmente contido no peixe azul (atún, sardiña, boquerón, xurelo e caballa), ademais de fortalecer o sistema inmunolóxico e axudar a reducir os niveis de colesterol LDL (colesterol malo), ten menos graxas saturadas que a carne, polo que é un ácido graxo con efectos moi positivos sobre a saúde das arterias, diminuíndo o risco de enfermidades cardiovasculares. Á súa conta con tres ácidos graxos polinsaturados (EPA, DHA e a-ALA) moi importantes para a saúde mental (axudan a mellorar a atención, a memoria e a saúde cognitiva).

- Contén vitaminas do grupo B:

A B1 axuda a converter os azucres dos alimentos en enerxía.
A B2 favorece a absorción de proteínas, graxas e carbohidratos e tamén a formación dos glóbulos vermellos. 
A B3 axuda ao bo funcionamento do aparello dixestivo, da pel e dos nervios. Tamén favorece a eliminación de sustancias químicas tóxicas e participa na produción de hormonas como as hormonas sexuais e as relacionadas co estrés.
A B6 é básica para a produción dos anticorpos que axudan a combater as infeccións e no transporte de osíxeno aos glóbulos vermellos.
A B9 (ácido fólico) ten como función principal o mantemento dos tecidos e a produción de ADN. Por iso é moi importante durante o embarazo. 
A B12 axuda ao mantemento do sistema nervioso e á formación de glóbulos vermellos.

- Contén minerais fundamentais para a saúde como fósforo, magnesio, selenio, iodo e zinc. Este último, moi presente nos crustáceos, é moi importante para o bo funcionamento do organismo, pois ocupa o segundo lugar en grado de concentración no organismo (despois do ferro), intervén na fabricación de proteínas e axuda ao sistema inmune a loitar contra os virus e as bacterias.

En canto ás cantidades de consumo recomendadas, serían de 2 a 4 racións por semana (entendendo que 1 ración son 125-150 gramos). Ademais, a Organización Mundial da Saúde (OMS), a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) recomendan un consumo medio diario de 250 mg de omega-3. Tendo en conta que o contido de omega-3 nestes peixes oscila entre os 0,35 gramos e os 3 gramos por cada 100 gramos, con unha ración xa cubririamos a necesidade de varios días.

#euconsumopeixefresco
#euprotexoamiñasaúde
#euaxudoaosectorpesqueiro





Fontes: 
- https://www.sonapesca.cl/beneficios-de-comer-pescado/
- https://fundaciondelcorazon.com/corazon-facil/blog-impulso-vital/2316-el-pescado-imprescindible-en-la-dieta.html
- https://fundaciondelcorazon.com/blog-impulso-vital/3516-como-cuidar-la-alimentacion-durante-el-confinamiento-por-el-coronavirus-covid-19.html
- https://cepesca.es/gastronomia_y_pesca/pescado-y-sistema-inmunologico/
- https://www.kernpharma.com/es/blog/vitaminas-imprescindibles-para-nuestra-salud-las-vitaminas-del-complejo-b
- https://www.lavozdegalicia.es/noticia/maritima/2020/04/02/ministro-pesca-admite-flota-parara-salud-marineros-falta-rentabilidad/0003_202004G2P34994.htm?fbclid=IwAR1h40uzMSyVQas2Zc0E1HJXcEPIh5RpuYj4zr0oVRzQpxT4xlg-OHzG2j8

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024