Consumir peixe fresco axuda a reforzar o teu sistema inmune. Beneficios. Onde comprar. Receitas.
Xa vos
viñamos comentando fai uns días os múltiples beneficios do consumo de peixe fresco: contén Omega-3,
vitaminas do grupo B e minerais fundamentais, fortalece o sistema inmunolóxico,
axuda á produción de anticorpos que combaten as infeccións e axuda ao
sistema inmune a loitar contra virus e bacterias. Ademais de axudar a un
sector tan importante para Galicia, como é o pesqueiro, a manterse a frote.
¿Queres
saber máis sobre os beneficios do consumo de peixe fresco para o túa saúde?
Podes ler toda a información ao completo neste post do noso blog:
Tamén podes
consultar as seguintes publicacións das nosas redes sociais:
Ademais,
nestes momentos nos que non debes saír á rúa, os mercados máis próximos do
territorio do GALP Golfo Ártabro Sur farancho chegar á túa casa sen que ti
teñas que saír, así como todo tipo de carnes e verduras.
O
Mercado da Praza de Lugo ten dispoñible a aplicación KIBUS (https://kibus.online/coruna), coa que
podes pedir online; e os Mercados de San Agustín, Conchiñas, Elviña e a Praza
de Abastos de Perillo habilitaron liñas de teléfono ás que podes chamar para
facer o teu pedido. Podes consultalas no seguinte enlace:
Tamén podes
consultar as seguintes publicacións das nosas redes sociais:
Por outra banda, dende o GALP Golfo Ártabro
Sur, queremos facerche chegar toda a información posible sobre este tema, e non
só información sobre os beneficios do consumo de peixe fresco e as facilidades
das que dispós para compralo e que che chegue á casa, senón tamén compartir
contigo ideas de como consumilo.
Permanece atendo ás nosas redes sociais! Nelas
estamos colgando receitas, para que poidas inspirarte e comer peixe de maneira
diferente e divertida:
Comentarios
Publicar un comentario