Execución do total de crédito cos proxectos presentados na última convocatoria

 A decisión da xunta directiva debe ser avaliada pola Consellería do Mar

 




Na última convocatoria de axudas FEMP, dende o GALP Golfo Ártabro Sur aprobamos seis proxectos do total dos presentados, o que nos permite chegar ao 100% da execución do noso orzamento.

Como xa comentamos noutras publicacións, no caso da nosa entidade, xa consumiramos case o 98% do crédito (3M€) en anualidades anteriores e, aínda que o remanente non chegaba aos 63.000€, os promotores do noso territorio animáronse a presentar as súas iniciativas. Isto é o motivo polo que só dispoñemos de crédito para dous dos proxectos presentados, o que fixo que os demais quedaran en lista de agarda.

Despois da aprobación dos proxectos por parte do GALP, estes agora deben ser avaliados pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia, que emitirá a resolución final.

Os dous proxectos aprobados para os que o grupo ten orzamento, son os presentados pola Cofradía de Pescadores de Sada, para optimización enerxética das instalacións, en concreo a instalación de paneis na lonxa e melloras enerxéticas na oficina.

Temática
Os outros proxectos, presentados por particulares e empresas, solicitaban axudas para a modernización do proceso de limpeza e empaque de produtos do mar, compra de vehículos isotermos ou material auxiliar para actividades de ocio náutico.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024