Formación da FEMPA sobre o Pacto Verde europeo e economía circular para optimizar a xestión GALP

 Durante o taller presentouse a nova entidade FAMENET, que fusiona dúas asociacións de apoio previas como son FAME e FARNET



Co obxectivo de seguir formándonos para mellorar o servizo ofrecido aos nosos asociados, o equipo técnico do GALP Golfo Ártabro Sur asistimos ao taller online da FEMPA. Baixo o título “Políticas europeas e a súa inclusión nas EDLPs”, no evento presentáronse as liñas xerais do Pacto Verde Europeo, da economía circular e a influencia ambos nas estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLPs) para optimizar a xestión dos GALP. 

Así mesmo, e para exemplificar a aplicación práctica de ambas temáticas, os GALP GALPEMUR (Murcia), o Itsas Garapen Elkartea (País Vasco), Costa de Granada e Costa Sostible presentaron varios casos de éxito nos seus territorios. No caso dos nosos veciños de Galicia, o GALP Costa Sostible expuxo os resultados do proxecto "Centro de transformación do lixo mariño" da Aula Sostible do Freixo, na Serra de Outes, que une inclusión social e economía circular.


FAMENET
Ademais dos interesantes relatorios de todos os asistentes, durante o evento presentouse a nova entidade FAMENET, que fusiona dúas entidades de apoio previas como son FAME e FARNET.

FAMENET é a nova rede de servizo da DG Mare para o período 2021-2027 que asiste na implementación de tres pilares. O primeiro, o seguimento e avaliación da aplicación das axudas FEMP e das futuras FEMPA. Despois, tamén dará apoio ao desenvolvemento local participación e por último, dará apoio á comunicación e visibilización do FEMP e do FEMPA.

 

Ver aquí os relatorios da xornada “Políticas europeas e a súa inclusión nas EDLPs” >> https://regp.pesca.mapama.es/visibilidad/eventos/taller-formativo-online-politicas-europeas-y-su-inclusion-en-las-edlps 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024