A revista "Ruta Pesquera & Naval" destaca varias melloras na Lonxa da Coruña como mostra do traballo do GALP

 A través destes proxectos FEMP subvencionados pola nosa entidade, o pósito coruñés reduciu a súa pegada ambiental e optimizou a súa eficiencia enerxética e o aforro




A revista especializada no sector mar-pesca  Ruta Pesquera & Naval publicou no seu número de marzo-abril unha completa reportaxe centrada en tres proxectos de eficiencia enerxética acometidos pola Lonxa da Coruña e financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur con cargo ás axudas FEMP. A reportaxe abre a sección dedicada a Galicia.

En xeral, a través destas tres iniciativas valoradas en preto de 220.000€ a Lonxa da Coruña buscaba innovar e transformarse para ser máis competitiva, apostando por modernizar as súas instalacións para estar dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul. Neste sentido, desde o GALP Golfo Ártabro Sur consideramos que estes obxectivos se encadraban nosa estratexia de desenvolvemento local participativo (EDLPs). 

En dous anos
Entre 2019 e 2020, o pósito coruñés subtituíu luminarias e equipos con máis de seis anos de vida útil por outras con tecnoloxía LED e tamén instalaron tres novas máquinas para fabricar xeo con máis capacidade e eficientes. Por último, a climatización da lonxa permitiu reducir en máis do 50% a potencia eléctrica consumida.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024