O GALP Golfo Ártabro Sur divulga entre a alumnado as saídas laborais no sector mar-pesca

 

Asistimos cun posto á Feira de Orientación laboral do IES Rego de Trabe

 

No GALP Golfo Ártabro Sur continuamos coa nosa Axenda da Pesca Artesanal 2022, no marco da que estamos conmemorando o Ano Internacional da Pesca e da Acuicultura Artesanais (AIPAA) da FAO con diversos eventos.



O primeiro venres de marzo, o GALP Golfo Ártabro Sur aceptou o convite do IES Rego de Trabe (Culleredo) para asistir cun posto propio á II Feira de orientación profesional. Alí, durante toda a mañá, responsables da entidade estivemos falando de saídas laborais no sector mar-pesca e asesorando ao alumnado, uns 400 rapaces, e ás súas familias sobre as dúbidas que lle xurdían. Ademais, impartimos unha charla e presentamos a nosa publicación "Guía de oficios mariños", que tamén podedes descargar aquí. 

Ata o noso posto tamén se achegaron o secretario do GALP; José Garrote, e a concelleira de Educación de Culleredo, Jéssica Méndez Sánchez, que tamén é membro da nosa xunta directiva. 

Na feira compartimos espazo con compañeiros da Universidade Laboral de Culleredo, Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, CSHG Centro Superior de Hostelería de Galicia, Policía Local da Coruña, Policía Nacional, Guardia Civil, Fuerzas Armadas, outras institucións académicas privadas.

 

Mocidade a bordo
Temos que recordar que o IES Rego de Trabe é un dos cinco institutos do noso territorio que están participando no programa de promoción do relevo xeracional “Relevo 2. Mocidade a bordo”. Foi unha mañá moi produtiva!







Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024