O IES Monte das Moas, da Coruña, quinto centro en unirse ao programa Relevo 2
Son xa cinco os institutos do territorio GALP Golfo Ártabro Sur que participan neste programa para fomento do relevo xeracional no sector do mar
O segundo trimestre escolar para o programa “Relevo2 mocidade a bordo” arrancou con moita forza e ganas no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur xa que un novo instituto, o IES Monte das Moas (A Coruña) se sumou ao proxecto xunto cos IES O Mosteirón e Isaac Díaz Pardo (ambos de Sada), o David Buján (Cambre) e Rego de Trabe (Culleredo).
Deste xeito, son xa cinco os centros escolares que participan neste programa para fomentar ao relevo xeracional no sector mar-pesca entre os rapaces de educación secundaria, en especial os de 4º da ESO.
O programa formativo divídese en tres bloques principais de contidos: pesca e acuicultura; transformación e comercialización e turismo e deportes náuticos.
Este trimestre, as temáticas que se abordarán son a transformación, distribución e comercialización de produtos do mar, sempre cunha orientación estratéxica cara ao mercado laboral.
O calendario de charlas
informativas para marzo é:
- IES David Buján (Cambre). Mércores, 9 de marzo ás 10.30h
- IES Rego de Trabe (Culleredo). Venres, 18 marzo ás 11.00h. Visita da empresa Juan García Pesca.
- IES Monte das Moas (A Coruña). Luns, 21 de marzo de 9.20h a 10.10h e de 10.10h a 11.00h; e Martes, 22 de marzo, de 9.20h a 10.10h
Embarcar
nun barco de pesca
Como colofón á participación no
proxecto, e para complementar a formación e información recibida, o alumnado
que o desexe terá a posibilidade, sempre que o permitan as correspondentes
autorizacións, de optar a unha praza de embarque nun barco de pesca en activo
coa finalidade de coñecer e vivir a experiencia en primeira persoa do traballo
do mar en Galicia.
O programa Relevo 2 é un proxecto de cooperación promovido e impulsado polos GALP Mariña-Ortegal, Golfo Ártabro Norte, Golfo Ártabro Sur, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Ría de Vigo - A Guarda para o curso 2021-2022.
Comentarios
Publicar un comentario