Éxito de concorrencia na última convocatoria de axudas FEMP do GALP Golfo Ártabro Sur
Os oito proxectos presentados suporían un
investimento duns 250.000 euros
O pasado luns 28 de febreiro finalizou o prazo para presentar proxectos á última convocatoria de axudas do GALP Golfo Ártabro Sur con cargos ao remanente dos fondos do período 2014 – 2020, prorrogado ata 2022. Aínda que no caso do GALP Golf Ártabro Sur, con aproximadamente un 98% do crédito (3M€) consumido en anualidades anteriores, e o remanente non chega aos 65.000€ o éxito da convocatoria pode considerarse de éxito xa que a entidade recibiu un total de oito proxectos de promotores privados que suman unha inversión duns 250.000€.
A convocatoria de axudas estaba aberta a particulares, empresas, entidades e asociacións interesadas en desenvolver proxectos e actividades vinculados ao mar. En concreto, o GALP ofrece liñas de financiamento para iniciativas relacionadas co medio ambiente, co turismo, co patrimonio cultural, co ámbito da cooperación e tamén coa posta en valor dos produtos do sector mar-pesca.
Sete concellos
O territorio de actuación do GALP Golf Ártabro Sur son
os concellos de Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.
En total, preto de 100 quilómetros de litoral nunha zona cunha grande
relevancia histórica desde a Antigüidade (Idade de Ferro) e que, ademais do seu
mar, ten as rías da Coruña e de Betanzos como referentes da súa riqueza mariña.
Os catro portos pesqueiros da zona son os da Coruña, Sada, Lorbé e Mera e, de arredor deles, creouse un importante tecido asociativo e empresarial vinculado ao sector mar-pesca.
Comentarios
Publicar un comentario