Proposta Provisional Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur Convocatoria 2022
A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 17 de marzo de 2022, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 27 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2022”.
Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de 2022 pasa a ser unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto.
Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 27 de decembro de 2022, da Consellería do Mar.
PROPOSTA DE RESOLUCIÓN PROVISIONAL DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS
Comentarios
Publicar un comentario