Apoio institucional á Reserva de Biosfera Mariñas en Biocultura

 Durante o acto de inauguración da feira presentouse a Guía de produtos alimentarios de excelencia


A Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo presentou a principios de marzo en BioCultura a súa “Guía de produtos alimentarios de excelencia” que ten por obxectivo reivindicar o traballo dos produtores e a calidade da súa marca. O GALP Golfo Ártabro Sur, como entidade socia da Reserva, acudiu a este acto que tivo lugar na xornada de apertura da III edición de BioCultura, a feira de ecoturismo e produtos ecolóxicos que desde 2017 se celebra en Expocoruña.

A vicepresidenta do GALP Golfo Ártabro Sur, Patricia Amado, o secretario, José Garrote, e a integrante da Xunta Directiva, Jéssica Méndez Sánchez, foron tres dos responsables da nosa entidade que acudiron a apoiar á Reserva na súa aposta continua por converterse en “destino gastronómico de primeiro nivel”.

Do 4 ao 6 de marzo
Durante tres días, o público que visitou o espazo expositivo de 400 m
2 da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo en BioCultura puido coñecer o novo servizo de catamarán eléctrico que ofrece experiencias ecoturísticas na ría de Betanzos, así como os produtos locais certificados baixo a súa marca de calidade.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024