Son do Mar celebra o pasado e o presente mariñeiro do territorio do Golfo Ártabro Sur
A presentación da II edición deste roteiro teatralizado tivo lugar o pasado 16 de setembro cunha escenificación representativa do proxecto O pasado e presente do mundo do mar e da pesca no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur puxéronse en valor no evento organizado para presentar publicamente a II edición do Roteiro Teatralizado Son do Mar, que en 15 capítulos percorre os preto de 80 quilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo. O evento contou coa presencia de Alberto García Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, e Alejandra Pérez Márquez, alcaldesa de Bergondo; e por parte da Consellería do Mar, con Patricia Rodriguez, secretaria territorial de A Coruña. Afonso García Penas, director creativo deste proxecto audiovisual realizado pola agrupación Alentía Teatro e organizado e financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, indicou que Son do Mar pretende afondar nos retos e desafíos continuos que os galegos e galegas do mundo do mar...