Son do Mar celebra o pasado e o presente mariñeiro do territorio do Golfo Ártabro Sur

 

A presentación da II edición deste roteiro teatralizado tivo lugar o pasado 16 de setembro cunha escenificación representativa do proxecto





O pasado e presente do mundo do mar e da pesca no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur puxéronse en valor no evento organizado para presentar publicamente a II edición do Roteiro Teatralizado Son do Mar, que en 15 capítulos percorre os preto de 80 quilómetros de costa entre Bergondo, Sada, Oleiros, Cambre, Culleredo, A Coruña e Arteixo.

O evento contou coa presencia de Alberto García Castro, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur, e Alejandra Pérez Márquez, alcaldesa de Bergondo; e por parte da Consellería do Mar, con Patricia Rodriguez, secretaria territorial de A Coruña.



Afonso García Penas, director creativo deste proxecto audiovisual realizado pola agrupación Alentía Teatro e organizado e financiado polo GALP Golfo Ártabro Sur, indicou que Son do Mar pretende afondar nos retos e desafíos continuos que os galegos e galegas do mundo do mar atopan no seu día a día. Tamén busca poñer en valor o carácter propio das zonas costeiras, tendo presente a súa tradición e cultura, coidando o litoral e o fondo mariño. Deste xeito, inquire nas artes de pesca selectivas e menos prexudiciais co medio, o custo e valor dado aos produtos pesqueiros, o relevo xeracional e a adaptación desta sapiencia tradicional aos mercados actuais. En resumo, en palabras do director, “Son do Mar é unha celebración da xente do mar e todo o seu mundo”.

Tras a presentación, o elenco asistente escenificou un fragmento desta historia audiovisual de 15 capítulos, que destaca o patrimonio mariñeiro dos sete municipios que pertencen a este grupo de acción do sector pesqueiro.

 

Acceso 2.0 á memoria mariñeira
A personaxe que vertebra a historia é o emigrante retornado Ramón Boutureira. Despois de case 70 anos en Nova York, Boutureira volve á súa vila natal para ir contemplando en primeira persoa os cambios acontecidos nos lugares, na xente e nos costumes que el coñecía de cando transportaba mercadorías co seu pai.

 

Todas as persoas que desexen realizar esta viaxe pola historia mariñeira do territorio, poden acceder aos 15 vídeos que conforman o II Roteiro Son do Mar a través da canle de Youtube do GALP Golfo Ártabro Sur.

 

Acceso á canle de Youtube
https://www.youtube.com/channel/UCuBa7uKTQPOhxlGNFNQf6ZA

 

Vídeo presentación
https://youtu.be/iNc43sUW4fQ


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024