En marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común'' para dinamizar o tecido asociativo dos GALP
É unha
iniciativa dos GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co Golfo Ártabro Sur
Os GALP Ría de Pontevedra, Golfo Ártabro Norte, A Mariña-Ortegal xunto co GALP Golfo Ártabro Sur acaban de poñer en marcha o proxecto colaborativo ''Un mar en común: A afouteza da xente do mar'' co obxectivo de fortalecer o tecido asociativo dos GALP e dotar de ferramentas ás persoas e entidades para mellorar a súa relación e a súa comunicación interna e externa.
O plan de traballo permitirá facer un diagnóstico da situación na que se atopa o sector social e iniciar un conxunto de accións, como talleres e intercambios de boas prácticas, para impulsar a cooperación e a colaboración interterritorial.
O proxecto organízase en catro fases. Na primeira, entrevistaranse aos integrantes das asociacións dos GALP para coñecer as súas posturas. Na segunda terán lugar os cursos de formación seguindo as necesidades de cada grupo; e na terceira farase unha posta en común entre as entidades pertencentes aos diferentes GALP. Por último, na cuarta, publicaranse os resultados da investigación e propoñerase un manual de boas prácticas.
A
presentación contou coa intervención de Cristina Valdés Méndez, antropóloga e
investigadora responsable do proxecto, que animou ás persoas que forman parte
das asociacións para colaborar nesta iniciativa ideada “para eles, na que a
máxima é a opinión e a participación dos integrantes dos GALP''.
Comentarios
Publicar un comentario