Novo apoio á oitava edición do Festival Mar de Mares

A capela de San Roque de Sada acollerá todo o mes de outubro a exposición “Somos mar II” de artistas galegos ou residentes en Galicia


 Outro evento apoiado polo GALP Golfo Ártabro Sur é o 8º Festival Mar de Mares. Entre o 23 e o 26 de setembro, volveu converter a cidade da Coruña nun gran escenario para “celebrar” os mares ao tempo que reivindicar a súa importancia e a necesidade de coidalos para manter a nosa forma de vida. Igual que en edicións anteriores e desde 2019, o festival recibiu unha subvención do GALP Golfo Ártabro Sur para apoiar o seu desenvolvemento.

Entre as actividades paralelas que se prolongarán en outubro, a capela de San Roque de Sada acollerá a exposición “Somos mar II” na que artistas galegos ou residentes en Galicia ofrecerán a súa visión do océano e a súa relación cos mares.

En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para esta oitava edición do festival amosan a influencia do mar na arte do noso tempo. A mostra estará complementada con encontros cos artistas. A asistencia é libre de martes a sábado, de 10 a 14.00h e de 18 a 21.00h.

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024