Bos resultados da última convocatoria de axudas FEMP 2014-2020
Cos dous proxectos presentados, o GALP Golfo Ártabro Sur esgota o crédito dispoñible para este periodo
Para esta convocatoria, o GALP Golfo Ártabro Sur dispoñía dun crédito de pouco mais de 10 mil euros distribuído nos eixos de gobernanza e cooperación, para impulsar o desenvolvemento social e económico dunha zona costeira cun gran potencial. A través destas axudas europeas, a entidade ofrece respaldo económico a actividades innovadoras que valorizan o mar e o aproveitamento sostible dos seus recursos a través da coñecida como economía azul.
Desde
2017, a entidade leva promovidas 52 iniciativas produtivas e non produtivas cun
investimento total concedido de case 3 millóns euros que permitiron crear máis
dunha trintena de empregos e manter máis de 100 postos de traballo, mellorar
infraestruturas básicas para o mar e actualizar a formación de mais de 400 traballadoras
e traballadores do sector. En concreto, case 1,5M€ destináronse directamente ao
sector pesqueiro e o resto a diversificación, medio ambiente, patrimonio,
cultura e cooperación.
Comentarios
Publicar un comentario