Entrega dun diploma de boas prácticas á Open Science de Cambre
É un recoñecemento da Red Española de Grupos de Pesca (REGP) que seleccionou o proxecto como evento exemplar
A
feira de divulgación científica Open Science , promovida polo Concello de
Cambre e polo club de ciencia XentD100cia, tivo este ano como fío condutor os
Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Durante toda a fin de semana do
18-19 de setembro, o GALP Golfo Ártabro Sur acudiu cun stand para informar aos
asistentes do seu traballo, dos proxectos desenvolvidos, das oportunidades para
novos promotores, así como dos proxectos que se están a levar a cabo. Entre
eles, polo público asistente ao evento, destacou “RelevoII – Mocidade a Bordo”
mediante o cal deuse a coñecer aos máis novos as saídas laborais vencelladas ao
mar, e mostrarlles o mundo mariño como un abanico de posibilidades de futuro.
Así mesmo, José Garrote, secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, foi o encargado de entregar á organización da Open Science un diploma en nome da Red Española de Grupos de Pesca (REGP), que seleccionou este proxecto que como candidato aos seus galardóns "III Recoñecemento de boas prácticas".
Comentarios
Publicar un comentario