O roteiro teatralizado “Son do Mar” xa pode visualizarse en vídeo grazas a Gallaecia Films
Gallaecia Films , do IES Isaac Díaz Pardo do Concello de Sada , filmou o roteiro teatralizado "Son do Mar" . Un evento organizado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur coa colaboración de Alentía Teatro e a Confraría de Pescadores de Sada . Nel, máis de 70 actores e actrices recrearon a historia mariñeira do municipio a través dunha ruta que contou con 12 escenas ambientadas nos anos 40 e 50. Arredor de 300 persoas participaron neste roteiro. Esta iniciativa tiña como obxectivo principal impulsar, dignificar e proxectar a cultura mariñeira . Desde o GALP agradecemos esta montaxe audiovisual e a participación de todas as persoas que nos axudastes a facer posible este proxecto. Pódedes visualizala no seguinte enlace: VIDEO