O mesón mariñeiro “A bordo” achegará menús saudables a domicilio ás persoas maiores de Sada e a súa contorna
·
O proxecto do GALP Golfo Ártabro Sur pretende ofrecer,
ademais, servizo de comida en embarcacións así como no propio local.
·
Os produtos procederán da Reserva de Biosfera Mariñas
Coruñesas e Terras do Mandeo, buscando a calidade, a proximidade e os produtos
ecolóxicos.
O mesón mariñeiro “A Bordo” achegará ás persoas maiores do concello de Sada
é da súa contorna menús de calidade e proximidade. Este local, situado no
concello de Sada, ofrece a posibilidade de degustar produtos do mar e da terra
da contorna no propio local, e proximamente a domicilio e nas propias
embarcacións. O proxecto do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)
Golfo Ártabro Sur contou cun total de 81.549,93 €.
Os produtos do mar terán a súa orixe na pesca artesanal e de km 0, na busca
da máxima frescura e dando a coñecer os seus sabores e valores nutricionais. Os
produtos da terra terán a súa orixe na Reserva, buscando, dentro do posible,
produtos ecolóxicos.
O mesón ofrece menús, tapas e racións as persoas que se acheguen ao bar, e
nun futuro próximo incluirán tamén servicio ás embarcacións e a domicilio para
persoas maiores. Neste caso entregaranse menús adaptados ás necesidades de cada
particular, centrándose nas persoas maiores que viven soas nas diferentes
parroquias ou nas área limítrofes.
Grazas a este proxecto conseguirase crear emprego, dar a coñecer os
produtos locais e de proximidade, así como a posibilidade de ofertar uns
produtos frescos e de tempada, axudando as persoas que consuman estes menús a
levar unha vida sa e equilibrada.
Comentarios
Publicar un comentario