Mellorouse a comercialización do peixe de baixura gracias ao GALP Golfo Ártabro Sur
O
patrón do Maradán diversificou, mellorou e modernizou os seus procesos de distribución
e venda de peixes e marisco da zona grazas a unha das axudas do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)
Golfo Ártabro Sur. Para conseguilo a
empresa está presente na rede a través da creación
da súa propia páxina web e das redes sociais, achegándose a unha maior cantidade de persoas. Tamén se introduciron
melloras na loxística: compra
dunha furgoneta con cabina isotérmica que
permite transportar os produtos nas mellores condicións posibles, para que non
perdan a súa calidade e frescura.
Deste
xeito mellorouse a calidade final do produto para a súa venta, achegándose
dunha forma máis próxima ao consumidor e posibilitando a venta directa á
hostalaría. Ademais con este proxecto manteranse 4 postos de traballo, sen esquecer
os beneficios que aporta para o medio ambiente, reducindo a pegada de carbono.
Comentarios
Publicar un comentario