A reunión co sector pesqueiro finaliza a rolda de encontros do GALP para avaliar o seu traballo



·         Ao longo de dúas semanas a sede do GALP acolleu cinco encontros cos diferentes sectores do territorio na súa sede para coñecer os erros e os acertos da súa estratexia, e así poder reconducila.
·         Ás reunións acudiron representantes de concellos, do sector do mar, do empresarial e do social.
Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur rematou esta semana as súas reunións cos diferentes sectores do territorio. A asociación reuniuse co ámbito social, co marítimo, co económico e co público para coñecer a súa opinión con respecto ao traballo desenvolto polo GALP. 

Estas reunións realizáronse no marco da avaliación intermedia do GALP, coa que se analizará o cumprimento da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), co obxectivo de reconducir o plan cara un modelo máis eficiente.

No primeiro encontro, o da mesa do sector público, os asistentes remarcaron a importancia do labor do GALP, e sinalaron como principal problema o descoñecemento deste organismo, que pode axudar non só a entidades, senón tamén á cidadanía. Os seguintes encontros, que tiveron lugar na sede do GALP, reuniron ao sector social e ao económico. Tamén houbo un evento aberto a todas as persoas que quixeran coñecer o traballo do GALP e propoñer ideas. O punto e final a estas reunións púxoo o sector pesqueiro, que pechou esta fase do proceso de avaliación intermedia. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024