A lonxa da Coruña renovou a súa maquinaria para ser máis eficiente
·
Leváronse a cabo dous proxectos de aforro
enerxético, que impulsan un consumo que reduza a pegada de carbono, contan co investimento do GALP Golfo Ártabro
Sur.
Leváronse
a cabo dous proxectos de
aforro enerxético na lonxa da Coruña. Estes contaron cun investimento total de 455.751,00 € do cal 177.727,36 € a cargo das axudas do Grupo
de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. Con estes proxectos realizáronse melloras tecnolóxicas en instalacións mecánicas e modernizáronse
as instalacións do circuíto da cadea de frío da lonxa. Os dous proxectos tamén teñen como obxectivos contribuír á
redución da pegada
de carbono e diminuír custos á
empresa para mellorar a súa competitividade, mantendo postos de traballo.
Maquinaria
moderna que enfríe e conserve o peixe e o marisco
Esta
iniciativa modernizou a sala de máquinas e os equipamentos que abastecen de xeo
e refrixeración ás zonas da lonxa onde se mantén, conserva e vende o peixe. As
medidas inclúen a instalación dun novo Software de control centralizado da
instalación frigorífica e modernización da tecnoloxía dos compresores. As
accións teñen un custo total de 164.732 €.
Modernización
do circuíto da cadea de frío
A
partir deste proxecto instaláronse novas tubaxes de distribución de auga
glicolada de refrixeración que da servizo a toda a lonxa e que permite a
condución do frío a todos os compartimentos. Esta leva a refrixeración aos
enfriadores de todas as salas de exposición de peixe da lonxa. Esta iniciativa,
ademais de mellorar a eficiencia enerxética das instalacións, elimina o risco
de contaminación microbiana dos produtos que se venden na lonxa, contando cun investimento
de 291.019,42 €.
Comentarios
Publicar un comentario