O porto de Lorbé optimiza a súa actividade cunha nova grúa e unha carretilla


·         Estas melloras contan cun orzamento de 70.301 € ao abeiro da EDLP do GALP Golfo Ártabro Sur.

O porto de Lorbé está a mellorar a súa infraestrutura, promovida pola Confraría de Lorbé, para optimizar as súas actividades e mellorar a seguridade e accesibilidade a través das axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur. As accións incluirán a adqusición dunha grúa de 2T e dunha carretilla de máxima eficacia e operatividade.
As medidas que se levaron a cabo no porto sito no Concello de Oleiros, permite optimizar as operacións portuarias de carga e descarga, e facilitar o movemento de peixe e do resto de materiais empregados en carga e descarga. Deste xeito redúcese o custo das operacións e optimízanse as actividades do almacén.
O equipamento subvencionado emprega combustibles menos contamianates axudando así á reducción da pegada do carbono.
O porto de Lorbé constitúe un punto de especial interese para o sector pesqueiro e acuícola. As dimensións deste son limitadas, polo tanto as medidas tomadas tamén servirán para optimizar o fluxo de mercancías, mellorando a seguridade e a accesibilidade.



Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024