As axudas do GALP crearon 17 empresas, xerando e consolidando tamén novos postos de traballo no ámbito do mar



·         Desde o 2017 as axudas crearon un 84% de postos de traballo e consolidaron un 62% do previsto. Aínda quedan dous anos para solicitar estas subvencións e chegar ao 100% desexado.
·         O GALP Golfo Ártabro Sur celebrou a Asemblea Xeral na que se definiron as liñas a modificar na estratexia de desenvolvemento local, que agora terá que aprobar a Consellería do Mar.

·         A entidade xa concedeu o 74% do presuposto das axudas para o 2017-2021
Sada, 18 de decembro. - O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur acaba de finalizar o seu proceso de avaliación intermedia, pechándoo coa Asemblea Xeral de socios. No encontro confirmáronse os bos datos recollidos no sector do mar grazas ás axudas ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) deste GALP. Desde o 2017 creáronse 17 novas empresas a través das subvencións, dobrando a previsión. Á súa vez os postos de traballo creado están nun 84% da previsión global (ano 2017-2021), o que quere dicir que se está no bo camiño para chegar ao 100% nos derradeiros dous anos. Os empregos consolidados son o 62% do previsto, moi bos datos tendo en conta que aínda quedan dous anos por diante.  
Por outra banda, no encontro da Asemblea Xeral aprobouse a proposta de cambios da estratexia a seguir polo grupo, para que esta sexa máis efectiva. A Consellería do Mar será agora a encargada de estudar e aprobar as modificacións. No período de consulta da avaliación intermedia promotores, afiliados e axentes de interese no territorio do GALP, valoraron positivamente o desempeño e xestión do GALP.
A entidade definiu que entre o 2017 e o 2019 se concedeu o 74% do presuposto de axudas. O sector marítimo-pesqueiro foi o máis beneficiado por estas axudas, alcanzando a aprobación do 60% dos proxectos presentados por eles, constituíndo o 54% do total dos proxectos aprobados polo GALP.


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024