A cáscara de mexillón reempregada para crear encimeras, lavabos, mostradores ou bañeiras nun dos proxectos do GALP
·
Construcciones M.A. Ramos
emprega residuo de concha deste molusco convertido en árido para a fabricación
dos seus produtos.
A empresa Construcciones M. A. Ramos reemprega as
cáscaras de mexillón para a construción de mobiliario feito con formigón. Unha
forma de darlle unha segunda vida ás cunchas deste molusco, aproveitando de
forma sostible o patrimonio medioambiental das zonas pesqueiras. Esta acción
enmárcase dentro dun dos proxectos do Grupo de Acción Local do Sector
Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur, que contou cun orzamento de 172.886,90 €.
Dentro das medidas levadas a cabo no proxecto tamén se
reacondicionou un local comercial para acoller exposicións e oficinas. Á súa
vez, co proxecto creouse unha nova liña de produción para a propia empresa.
Comentarios
Publicar un comentario