Un proxecto do GALP abre unha nova liña de transformación de produtos pesqueiros
·
A iniciativa de Congelados La Naviera S.L.
recibiu un investimento de 92.168,20 € a través das axudas do GALP Golfo
Ártabro Sur.
O proxecto
de ‘Xeración da capacidade
produtiva para a creación dunha industria transformadora de produtos da pesca
artesanal galega’ impulsado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP)
Golfo Ártabro Sur, permitirá a apertura
dunha nova liña de transformación de produtos pesqueiros, concretamente, unha
nova planta de produtos elaborados. O proxecto pretende desenvolver unha
industria moderna que internacionalice e mellore a comercialización de produtos
transformados da pesca do noso territorio. A iniciativa, promovida por Congelados La Naviera S.L., situada en Bergondo, tivo un custo de 364.103 €
dos cales 92.168,20 € financiados a través das axudas ao abeiro da estratexia
do GALP Golfo Ártabro Sur.
O
proxecto creou un total de 6 postos de traballo, a partir da reforma dunha nave
para instalar a planta de elaboración de produtos do mar, instalando as liñas
de produción para conserva, semiconserva e conxelados.
Comentarios
Publicar un comentario