O Golfo Ártabro Sur asistirá mañá a unha reunións con todos os GALP nacionais para falar das novas estratexias



·        Na I Reunión Técnica dos GALP para o periodo FEMP falarase da situación actual dos grupos de pesca, a continuidade das iniciativas que se están levando a cabo e os seus plans de desenvolvemento local.
·        A xornada contará con dous talleres sobre axudas e custos, e un debate final para mellorar a xestión.

Sada, 10 de decembro. 

O Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur participará na I Reunión Técnica dos GALP para o novo período do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e Acuicultura (FEMPA) para o 2021-2027. Nela falarase da situación actual dos GALP, así como das súas futuras accións, da continuidade dos seus proxectos, das posibles novas iniciativas e das estratexias de desenvolvemento local. Ao evento asistirá Federico López Viñas, xerente do GALP Golfo Ártabro Sur.

No evento realizarase tamén un encontro da Rede Europea de Zonas de Pesca (FARNET). A xornada contará á súa vez con dous talleres para aclarar posibles dúbidas sobre axudas do Estado e proxectos produtivos e non produtivos, e tamén sobre custos. A xornada pecharase cun debate entre os diferentes grupos de pesca sobre os temas de formación para próximos talleres e reunións, así como as diferentes propostas para mellorar a xestión. 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024