O mercado de Elviña conta cunha nova e moderna peixería
·
A iniciativa
impulsada polo GALP Golfo Ártabro Sur creou un novo posto de peixe que conta
con maquinaria moderna que optimizará a venda dos seus produtos.
O mercado de Elviña conta cun remodelado posto de peixe
“Pescadería Sonia”. Neste mercado, remodelouse e ampliouse o posto de peixe con
nova maquinaria para adaptar a venta tradicional aos gustos do novo consumidor
dunha forma innovadora. O proxecto foi financiado con 21.711,13 € con cargo ás axudas
ao abeiro da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do Grupo
de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Golfo Ártabro Sur.
As instalacións contan cunha máquina de “pelado” mecanizado de peixe
que axudará a aforrar tempo na preparación deste produto. Tamén ten dúas
básculas con etiquetadoras que mellorarán a información cara o consumidor, así
como mostradores de aceiro inoxidable con metacrilato azul, cun sistema de
desxeo baseado en tubos perforados con válvulas. Ademais, tamén conta cunha
páxina web para publicitar a venda online e vía telefónica.
Comentarios
Publicar un comentario