Entradas

Presentada a EDLP 2023-2027 aos fondos FEMPA

Imagen
Desde a directiva do GALP Golfo Ártabro Sur felicitamos a todos os colaboradores polo gran traballo colectivo realizado   O pasado venres 23 de setembro, dende o GALP Golfo Ártabro Sur presentamos a nosa candidatura como Grupo de Acción Local do sector Pesqueiro aos fondos FEMPA (Fondos Europeos da Pesca e da Acuicultura) xunto co documento final da memoria da EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativa). A realización da EDLP foi un gran traballo colectivo no que participaron ducias de cidadáns individuais a través das reunións físicas e online, así como as entidades socias do GALP e axentes territoriais do sector pesqueiro, acuícola e náutico, entre outros. Desde a directiva da entidade queremos agradecer a todos a achega de ideas, o coñecemento compartido e o traballo realizado para elaborar o documento en prazo e forma, cando as datas e as marxes nas que había que traballar eran realmente curtas e complexas. Repetir o bo traballo feito A EDLP é un documen...

Reunións de traballo para elaboración da EDLP

Imagen
  En total, convocáronse seis reunións presenciais e online, ademais dunha asemblea extraordinaria   Durante os pasados tres meses, desde o GALP Golfo Ártabro Sur convocáronse reunións de traballo para a elaboración da nova EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local) do grupo. Ademais destas reunións presenciais e online, tamén estivo dispoñible un formulario online ( https://forms.gle/dEeZA3zfoxRTYBoY7 ) e un email (maraberto.edlp@gmail.com) para que todas aquelas persoas, con interese, pero que non podían acudir, enviasen as súas achegas. Todas estas mesas e reunións foron cruciais para o desenvolvemento da EDLP, así como para coñecer máis profundamente os problemas do territorio, crear sinerxias e propoñer metas para perseguir que o Golfo Ártabro Sur sexa un territorio de referencia no desenvolvemento local e no crecemento e fortalecemento do seu tecido, que traia prosperidade aos seus habitantes. REUNIÓNS XULLO 15/07, reunión presencial en Sada 29/07, reunión on...

A exposición “La flota del Golfo Ártabro” finalizou o seu percorrido na Coruña

Imagen
Durante mes e medio, a veciñanza do territorio puido coñecer a nosa historia mariñeira   A estadía no mercado da praza de Lugo (A Coruña) foi a última parada da nosa exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur”. En total, foi un mes e medio de percorrido no que a veciñanza do noso territorio poideron achegarse á nosa historia e cultura mariñeiras. Antes, e tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, os quince paneis da mostra poideron verse en Oleiros, Arteixo e por último, na Coruña. Nos paneis había interesantes datos sobre a evolución da frota pesqueira, desde os barcos do día aos do arrastre de altura, as artes de pesca que empregan, ou as especies máis habituais entre as capturas. Tamén se reservou un espazo para dar a coñecer polo miúdo a intensa labor que realizan a diario os traballadores do mar vinculados a cada unha das catro confrarías do territorio: A Coruña, Sada, Lorbé e Mera.

Intensa axenda para o mes de outubro

Imagen
O xoves 20 de outubro organizamos a xornada “Oficios do mar” na ETS de Náutica e Máquinas da UDC A axenda do mes de outubro preséntase intensa para o GALP Golfo Ártabro Sur xa que, durante todas as semanas, temos actividades públicas relacionadas cos nosos proxectos de cooperación ou ben eventos propios.   AXENDA DE OUTUBRO 4-5: famtrip do noso proxecto de cooperación RIMARTES (www.rimartes.com) 7: reunión do proxecto de cooperación REMA (Rede de Museos do Eixo Atlántico) en Asturias ( www.redrema.eu ) 10: taller do proxecto de cooperación Pescaconciencia na nosa sede en Sada 13: xornada de ecoturismo da Reserva da Biosfera na nosa sede en Sada. 14: clausura do noso proxecto de cooperación Relevo2. Mocidade a bordo ( https://arenariacoordinacion.com/relevo2 ) 20: xornada "Oficios do mar" organizada polo GALP Golfo Ártabro Sur na ETS de Naútica e Máquinas da Universidade da Coruña.   Atentos ás nosas redes, onde iremos informando daquelas actividades abert...

Exposión pública do Plan de Acción do GALP Golfo Ártabro Golfo Ártabro Sur

Imagen
  Exposición pública do novo Plan de Acción do GALP Golfo Ártabro Sur que guiará o novo período de programación FEMPA 2021-2027    Aqui podes coñecer o novo plan de acción do GALP GOLFO ÁRTABRO SUR. 👇👇👇👇  Plan de acción GALP Golfo Ártabro Sur  

Continúan as reunións para achegar propostas á nova EDLP

Imagen
 Organizáronse encontros abertos con toda  veciñanza do territorio de actuación do GALP Golfo Ártabro Sur, ademais de seguir activo o formulario online para enviar as achegas     A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha. Para isto, antes estamos traballando desde a base convocando encontros abertos a todo o mundo e recollendo as ideas que nos trasladan as persoas dos nosos territorios.   Tras as primeiras reunións de xullo, en formato presencial e online, a mediados de agosto xuntámonos co sector pesqueiro na Lonxa da Coruña e hoxe, mércores 31 de agosto (19.00h) farémolo na nosa sede de Sada para trazar o plan de acción da Estratexia. O venres 2 de setembro (10.00h) teremos a segunda reunión telemática para certificar este...

Resolución do I Concurso de foto dixital “Ollando cara ao mar”

Imagen
“ A bravura do mar” gaña o I Concurso de fotografía do GALP Golfo Ártabro Sur O I Concurso de fotografía online do GALP Golfo Ártabro Sur “Ollando cara o mar” pecha a súa primeira edición coa obra “A bravura do mar”, de Manuel Suárez Blanco, como primeira finalista na votación popular. A imaxe, capturada desde un punto da costa de Mera, en Oleiros, amosa como o mar rompe con forza contra as pedras, provocando unha espesa espuma branca e alertando da súa fereza.   A obra foi a máis votada polo público, pero seguida moi de preto por “Posta de Sol” e “Libélula descansado a beira do río” de Adrián Rodríguez, que obtiveron o segundo e terceiro premio do certame. En contraposición á primeira fotografía, as do segundo gañador evocan tranquilos escenarios, como a fermosura do atardecer dende a praia de Barrañán, en Arteixo, ou a quietude dunha libélula nun regato de Bergondo.   Ver aquí todas as fotos:   https://www.face...

A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” percorre o territorio

Imagen
Tras pasar por Sada, Oleiros e Arteixo, a última parada desta mostra itinerante é o mercado da praza de Lugo, da Coruña, onde estará dispoñible ata o 12 de setembro   Tras a inauguración na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada a finais de xullo, a exposición itinerante “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” continuou o seu percorrido polo noso territorio con estadías en Oleiros, Arteixo e A Coruña. No Centro Cívico - Casa da Cultura de Santa Cristina, en Perillo, estivo do 2 ao 14 de agosto; despois no Centro Cívico de Arteixo entre o 16 e 28 (só mañás) para acabar no mercado da praza de Lugo, da Coruña. Aquí, estará dispoñible ata o 12 de setembro.   A mostra “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida pola entidade a raíz da próxima redacción da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) para xestionar os Fondos Europeos Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). Este estudo foi...

Dous novos estudos para coñecer o territorio

Imagen
  Desde o GALP Golfo Ártabro Sur promovemos a elaboración de dous informes para documentar o patrimonio material e inmaterial do noso territorio   No GALP Golfo Ártabro Sur continuamos investigando para coñecer mellor o noso territorio e actuar en consecuencia. Por este motivo, estamos realizando dous novos estudos sobre o noso patrimonio material e inmaterial no sector mar-pesca e a herdanza que recibimos do mar a través da cultura mariñeira. O primeiro dos informes leva por título "Especies capturadas e infraestruturas do sector do mar" e o segundo, “Influenza do sector do mar na poboación do GALP Golfo Ártabro Sur”.   En breve vos presentaremos os resultados de ambos.

Reunións para elaboración da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP)

Imagen
A mediados de xullo, no GALP Golfo Ártabro Sur comezamos as reunións para a construción da nosa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) . Todos os encontros están abertos á cidadanía co obxectivo de trazar unha folla de ruta colaborativa e integradora que recolla o máximo de ideas e necesidades e beneficie a todo o noso territorio de actuación.   A Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) é un documento que vai a orientar a aplicación do novo Fondo Europeo Marítimo, da Pesca e da Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027. Os GALP de Galicia imos colaborar coa Consellería do Mar na súa posta en marcha e para isto, antes estamos traballando desde a base achegando ideas.   Neste sentido, o sector pesqueiro, as institucións, as entidades sociais e a cidadanía poden identificar cales son as necesidades do noso territorio e definir os retos e liñas de actuación para mellorar a situación da zona costeira entre Bergondo, Sada, Cambre, Culleredo,...

Votación pública en Facebook do I Concurso de Foto Dixital “Ollando cara ao mar”

Imagen
Entre o 1 e o 17 de agosto ata as 13.00h estará aberta no noso Facebook a votación pública para designar as tres mellores fotos do I Concurso online de fotografía “Ollando cara ao mar” promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur. As gañadoras serán aquelas que sumen máis “gústame”.   O fallo do concurso publicarase nesta web (https://galpgolfoartabrosur.blogspot.com), nas nosas redes sociais e tamén se comunicará por correo electrónico aos gañadores.   Tres premios para gozar co ocio náutico Os tres galardóns do concurso están patrocinados polas empresas de ocio náutico locais Cadenote, Altavela e Escola Náutica de Sada (ENSA). Así, o primeiro premio será un curso de vela práctico na ría de Betanzos para unha persona, que consiste en 4 salidas en veleiro cunha duración de 3 horas cada unha.   O segundo será unha excursión, tamén en en veleiro polo litoral do Golfo Ártabro para 2 persoas de 3 horas de duración. O último e terceiro premio será un bautismo de vela tamén...

A exposición “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” recolle a riqueza cultural do noso patrimonio pesqueiro

Imagen
Esta mostra itinerante que se inaugurou en Sada poderá verse nas casas da cultura de Oleiros e de Arteixo e, na praza de Lugo da Coruña entre agosto e setembro. Os contidos dos quince paneis recollen as conclusións do traballo en rede promovido polo GALP Golfo Ártabro Sur en colaboración coas catro confradías e Organizacións de Produtores de Pesca con sede no territorio. “La flota pesquera del Golfo Ártabro Sur” é o título da exposición que o venres 22 de xullo presentou o GALP Golfo Ártabro Sur e que é o resultado da investigación colaborativa do mesmo nome promovida pola entidade para dar a coñecer o estado actual do sector. Este estudo foi un traballo en rede no que colaboraron as catro confrarías da zona (Sada, A Coruña, Lorbé e Mera) e tamén as OPP con base no territorio: ACERGA, a Organización de Productores de Pesca Fresca del Puerto de A Coruña e a de Armadores de Pesca de Galicia (Arpega).   Nos quince paneis que compoñen a mostra pode facerse un percorrido pola evoluc...

Foro RIMARTES sobre a riqueza herdada polos naufraxios

Imagen
O noso proxecto de cooperación RIMARTES. Riquezas do mar, tesouros do profundo foi o protagonista dun novo encontro dixital celebrado, nesta ocasión, na redacción central do grupo La Voz de Galicia.   A temática elixida foi “Galicia eos naufraxios que marcaron unha época” , un tema de grande interese arredor do que compartiron ideas, coñecemento e experiencias Federico López Viñas, xerente do noso GALP, Jesús Ángel Sánchez, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela e defensor do patrimonio marítimo de Galicia; Óscar Fuertes, director do Plan da Cultura Marítima; e os responsables dos centros de mergullo Hugo Rodríguez, de Buceo Galicia, Santiago Salido de Deep Team, e Antonio Lodeiro, de Nauga.   Na seguinte ligazón podedes ver o foro íntegro: https://www.lavozdegalicia.es/video/coruna/2022/07/15/galicia-naufragios-marcaron-epoca/00311657874665125258481.htm?fbclid=IwAR3y2LkUCcISYL0Kzw9SvefJEhnQWyfAy5TOwJasLHIEQF2he6xk8_zY8JY     E aquí, ler ...

Xornada final do proxecto de cooperación Bitácoras do mar

Imagen
O xoves 14 de xullo, asistimos á xornada final do noso proxecto de cooperación Bitácoras do mar durante a que contamos coa asistencia da conselleira do Mar, Rosa Quintana e da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez. O evento tivo lugar no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro, en Ares (A Coruña).   Bitácoras do mar estivo c oordinado polo GALP Golfo Ártabro Norte e participamos o GALP Costa Sostible, Ría de Arousa, Ría de Pontevedra e Golfo Ártabro Sur.  Este proxecto naceu co fin de poñer en valor o labor feito polos grupos ao abeiro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, mediante unha serie de proxectos ligados ao crecemento azul, ao desenvolvemento sostible e ao reforzo da cohesión social das zonas costeiras.   Neste sentido, tal e como recordou a conselleira, as iniciativas de cooperación coma esta contribúen a reforzar a competitividade da cadea de valor do sector pesqueiro e o traballo conxunto e en rede dos axentes locais das zonas do ...

Inicio das reunións para redacción da nova Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
  🚀 𝗔𝗩𝗜𝗦𝗢! Convidamos a todas as persoas á reunión para iniciar a redacción da nova EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) do @galpartabrosur . 📆 Venres 15/07 ⌚ 18-20.30h 📍 Casa do Mar | Sada (sede do GALP)

Lanzamento do proxecto PescaConCiencia para combater os efectos do cambio climático

Imagen
Arrincou o proxecto de cooperación PescaConCiencia: “Alianza por un futuro Sostible” no marco do Ano Internacional da Pesca e Acuicultura Artesanal 2022 que promove a FAO, contribuíndo a lograr unha alianza na que a sustentabilidade e o medio ambiente xoguen un papel fundamental.   O proxecto, financiado pola Unión Europea a través do FEMP 2014-2020 baixo estratexias de desenvolvemento local participativo a través da Consellería do Mar, ten por obxectivo xeral contribuír á adaptación do sector pesqueiro artesanal de Galicia para os efectos do cambio climático, a través da cooperación entre sector pesqueiro e academia, coa transferencia de coñecemento bidireccional para a identificación conxunta de medidas de adaptación e recomendación.   O proxecto de alcance rexional, vinculado aos Grupos de Acción Local no sector pesqueiro: GALP Costa Sostible, GALP Golfo Ártabro Sur, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Ría de Arousa, GALP Ría de Pontevedra e GALP Ría de Vigo - A Guarda, leva...