Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

“A ver si remontamos esta situación. Só dicirlles a todos e todas (eu incluído) que, despois de que isto comece a abrirse, intentemos apoiar aos noso sectores nacionais”

Imagen
Felipe Canosa Entonado, patrón maior da Cofradía da Coruña, participa na campaña “Queda na casa, queda co noso mar” para aportarnos unha visión moi ampla do sector: a situación da pesca, do marisqueo, da lonxa de A Coruña... E un toque bastante social. Comenta que para saír de algo así, deberíamos de solidarizarnos máis e apoiarnos os uns aos outros.   1.        Cal é a situación actual do sector? E a vosa en concreto? Que vos din de outras cofradías? Nós estamos traballando máis ou menos dentro do normal. Hai incidencias porque hai unha parte da frota que non está indo ao mar e temos recursos parados, como o marisqueo. Onde máis o notamos é na lonxa, porque non se está a traballar con normalidade, ten que entrar menos xente e as ventas fanse mais difíciles. 2.        Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Como vos está afectando a actual situación de confinamento? No que máis nos afecta e na venta. Todo isto é unha cadea, ao estar pechados restaurantes, maris

“No noso caso hai tres ERTE´s aprobados. Pedíronse porque non hai EPI´s suficientes. De feito, vén agora a campaña e dous que están parados vana a perder por isto”

Imagen
A seguinte persoa que se suma á campaña “Queda na casa, queda co noso mar” é Alejandro Pérez, patrón maior da Cofradía de Sada. Alejandro, coméntanos nesta entrevista os impedimentos cos que se están a atopar para saír ao mar, ante a situación provocada polo COVID-19. A piques de comezar a campaña da anchoa, vense con moita dificultade para conseguir todos os materias necesarios, situación que os levou a solicitar tres ERTE. 1.        Cal é a situación actual do sector? E a vosa en concreto? Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Cos impedimentos normais da situación: carencia de materiais e dificultade para conseguilos, non hai todos os necesarios. No noso en caso en particular, que imos á campaña da anchoa, cústanos moitísimo atopar medio de transporte de volta á casa. Antes nunha furgoneta   entrabamos seis ou sete e, agora, non podemos ir máis de tres, polo que hai que conseguir o triplo de furgonetas, co seu correspondente incremento nos gastos. O mesmo p

A lonxa da Coruña consigue reducir a súa pegada de carbono e mellorar o aforro enerxético a través de tres proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
A través de tres proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur, a lonxa da Coruña buscou solucionar a necesidade do sector de volverse máis competitivo e de modernizar as súas instalacións, para estar dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul. 1.         GALP8-007: “Proxecto de aforro enerxético e redución do impacto ambiental na lonxa da Coruña a través da modernización de luminarias e equipos con máis de seis anos de vida útil” O primeiro deles ten por obxectivo principal mellorar a eficiencia enerxética da empresa e reducir o impacto ambiental na Lonxa da Coruña a través da modernización de luminarias utilizando tecnoloxía LED. Así como reducir custos, mellorando a competitividade e a posibilidade de manter o emprego. A contribución deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese reflectida nos seguintes puntos: -           Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo

Consumir peixe fresco axuda a reforzar o teu sistema inmune. Beneficios. Onde comprar. Receitas.

Imagen
Xa vos viñamos comentando fai uns días os múltiples beneficios do consumo   de peixe fresco : contén Omega-3, vitaminas do grupo B e minerais fundamentais, fortalece o sistema inmunolóxico, axuda á produción de anticorpos que combaten as infeccións e axuda ao sistema inmune a loitar contra virus e bacterias . Ademais de axudar a un sector tan importante para Galicia, como é o pesqueiro, a manterse a frote. ¿Queres saber máis sobre os beneficios do consumo de peixe fresco para o túa saúde? Podes ler toda a información ao completo neste post do noso blog: -  http://galpgolfoartabrosur.blogspot.com/2020/04/consumir-peixe-fresco-axuda-reforzar-o.html Tamén podes consultar as seguintes publicacións das nosas redes sociais: -  https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=748715342200244&id=164747927263658 -  https://m.facebook.com/story.php?story_fbid=751466421925136&id=164747927263658 Ademais, nestes momentos nos que non debes saír á rúa, os mercados máis próx

“Nós seguimos a traballar coma de costume. Afectar afectounos nos prezos, porque o peixe non vale o que tiña que valer”

Imagen
z Emilio Méndez Gómez, presidente da “Confraría de Pescadores de Lorbé” en Oleiros (Coruña), tamén quixo participar nesta campaña de sensibilización e recoñecemento da xente do mar, aportando a súa visión da situación actual do sector. Comenta que para eles, en artes menores, a situación actual non é boa, pero tampouco é mala. O feito de non ter lonxa e evitar ese gasto, permítelles seguir a traballar coma de costume, aínda que, por suposto, vense afectados pola redución dos prezos do peixe. 1.        Cal é a situación actual do sector? E a vosa en concreto? Que vos din de outras cofradías? A situación actual non é boa, pero tampouco é mala de todo no oficio no que andamos nós (artes menores). O prezo do peixe non é o que ten que estar levando, pero da para ir tirando, para ir quitando gastos de enriba. 2.        Como cres que afectou o COVID-19 ao sector? Como vos está afectando a actual situación de confinamento? A nós afectar afectounos nos prezos, porque o peixe n