Entradas

Publicado o listado definitivo dos alumnos de Relevo2020 que optarán a participar na viaxe ao País Vasco

Imagen
O pasado martes 22 de xuño tivo lugar en Santiago a presentación oral dos traballos da segunda edición do programa Relevo2020. O xurado comprobou que todas as ideas expostas polo alumnado contribuían á dinamización do seu territorio e, ademais do esforzo por sintetizar a formación recibida nos pasados catro meses, eran tamén un gran exemplo de emprendemento para dinamizar economicamente o sector pesqueiro local buscando novas vías de negocio. As valoracións da parte oral e escrita xa están publicadas na web relevo2020.org e nas oficinas dos GALP. O candidato de cada GALP que obteña a maior puntuación total participará nunha viaxe de estudo ao País Vasco que, se a situación o permite, levarase a cabo o próximo mes de setembro.   𝗥𝗲𝗹𝗲𝘃𝗼𝟮𝟬𝟮𝟬 é un dos tres programas de cooperación dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro (GALP) nos que está asociado o GALP Golfo Ártabro Sur. Neste caso xunto co GALP A Mariña-Ortegal, GALP Golfo Ártabro Norte, GALP Costa Sostible e...

Gran éxito na exposición “A campaña Argus” con máis de 23.300 visitantes

Imagen
O Aquarium Finisterrae foi o primeiro museo da Rede de Espazos con contido Museístico Atlántico (REMA) en acoller a exposición temporal "A Campaña do Argus", cedida polo Museo Marítimo de Ílhavo (Portugal), e que puido visitarse entre o 31 de marzo e o 26 de xuño. Durante estes case dous meses, recibiu máis de 23.300 visitantes que destacaron o valor dos mariñeiros para levar a cabo esas campañas tan longas en Terranova atravesando o océano Atlántico, con condicións climatolóxicas tan adversas e con medios materiais tan escasos e rudimentarios. As persoas que se achegaron ata o Aquarium da Coruña puideron admirar o traballo realizado polo reporteiro do National Geographic Magazine e oficial da Armada australiana, Alan Villiers, que durante cinco meses de 1950 acompañou a un grupo de mariñeiros portugueses na pesca de bacallau polos caladoiros de Terranova (Canadá) a bordo do barco Argus. Con esta iniciativa da Rede REMA preténdese poñer en valor a cultura mariñeira como e...

O xogo do escape room REMA 360º está dispoñible en aberto para todos os usuarios

Imagen
Finalizada a competición entre os colexios galegos, o xogo escape room en liña REMA 360º xa está dispoñible en aberto para calquera usuario. Os catro centros do territorio GALP Golfo Ártabro Sur que participaron foron o IES Elviña e IES Rafael Dieste de A Coruña, o IES Mosteirón de Sada e o CPI Cruz do Sar de Bergondo . Como se xoga? O fío argumental do xogo é unha catástrofe para a comunicación marítima e o correcto funcionamento da economía pesqueira galega. Os faros da costa atlántica non funcionan correctamente ao apagarse totalmente nalgunhas ocasións, deixando desvalidos aos barcos que navegan pola zona, e ao brillar en exceso noutras, provocando naufraxios. A razón deste suceso parece desvelarse nunhas mensaxes que chegan a terra en botellas desde hai anos e nas que unha muller conta que quedou atrapada neste mundo porque perdeu o cofre cos seus recordos. Os usuario, igual ca fixeron os alumnos nos pasados meses, deberán ir superando as distintas probas para resolver o mis...

A asemblea xeral ordinaria aproba o programa de actividades para a anualidade 2021

Imagen
  O pasado venres 18 de xuño, o GALP Golfo Ártabro Sur celebrou a súa Asemblea Ordinaria. Este encontro anual ao que acoden os socios da agrupación, tivo lugar ás 18:00h no Multiusos A Senra de Bergondo. Esta anualidade, a pesar da situación epidemiolóxica actual, tivo unha boa acollida entre os socios; pois garantíronse todas as medidas sanitarias na súa realización, cumpríndose todos os protocolos COVID establecidos. Durante a asemblea presentouse a Memoria da anualidade 2020, na que se recollían todas as actividades de difusión, os proxectos presentados e a xustificación dos mesmos, así como os acontecementos máis relevantes para o grupo durante ese ano. A Asemblea aprobou por unanimidade o documento. Por outra banda, tamén se presentaron as contas do ano 2020 que foron aprobadas igualmente por unanimidade, do mesmo xeito que o orzamento previsto para a anualidade 2021. Tamén se aprobaron por unanimidade a previsión de actividades para a anualidade 2021. O GALP Golfo Ártab...

A VI sesión plenaria da REGP acorda potenciar o papel dos GALP durante o próximo período FEMPA

Imagen
  A VI sesión plenaria de Red Española de Grupos de Pesca (REGP) celebrouse os días 7 e 8 de xuño por vía telemática baixo o título “Situando o Desenvolvemento Local Participativo (DLP) en futuro” contando coa asistencia de 83 participantes en representación de 32 dos 41 Grupos de Acción Local Pesqueiros (GALP), os Organismos Intermedios de Xestión (OIG) do Fondo Europeo Marítimo e Pesqueiro (FEMP) e das redes española e europea de grupos de pesca. Durante o encontro, o Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) animou a todos os Grupos de Acción Local de Pesca a participar activamente na preparación do programa de Desenvolvemento Local Participativo para o próximo período 2021-2027, co obxectivo de poder contar, a principios de 2022, cun programa operativo do Fondo Europeo Marítimo, Pesqueiro e Acuícola (FEMPA) aprobado pola Comisión Europea (CE). Neste sentido, o director xeral de Ordenación Pesquera y Acuicultura do MAPA, Juan Ignacio Gandarias, subliñou que é nece...

A Red Española de Grupos de Pesca (REGP) “visita” o territorio do GALP Golfo Ártabro Sur

Imagen
O encontro foi aproveitado para compartir opinións e puntos de vista sobre diversos temas administrativos e relativos á ampliación da estratexia de desenvolvemento local participativo (DLP). Tamén se presentaron tres proxectos subvencionados en pasadas convocatorias como son o evento Maridar, a empresa de economía circular Recuperamos e varios de eficiencia enerxética na Lonxa da Coruña. Responsables da    Red Española de Grupos de Pesca (REGP)  realizaron a mediados de maio unha visita virtual ao territorio do GALP Golfo Ártabro Sur para coñecer o seu traballo e varios dos proxectos subvencionados e de cooperación nos que participa (Tanza, Red REMA e Relevo 2020). Neste sentido, desde o GALP manifestaron a satisfacción porque a entidade estatal se interesase pola súa actividade.   A  Red Española de Grupos de Pesca (REGP)  é a plataforma oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA) para a aprendizaxe e interacción entre todos os GA...

O GALP Golfo Ártabro Sur contribúe á promoción económica e social do territorio co apoio a 23 novos proxectos

Imagen
Das 28 solicitudes recibidas na pasada convocatoria de subvencións, propuxéronse 23 e 5 permanecen en lista de espera. O éxito de concorrencia supón o investimento do total do crédito europeo adxudicado ao territorio GALP Golfo Ártabro Sur a través dos fondos FEMP para o período 2017-2021 (3.000.000€). O foco dos proxectos está relacionado con 4 eixos principais como son a consolidación da cadea de valor engadido nos produtos pesqueiros, a diversificación do sector, a preservación medioambiental e redución da pegada de carbono e a recuperación do patrimonio cultural para contribuír á identidade territorial. O GALP Golfo Ártabro Sur seleccionou provisionalmente, á espera de resolución definitiva por parte da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, os proxectos que obtiveron maior puntuación para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). En total, recibiron 28 solicitudes das que foron aprobadas 23. Destas, 18 serán executadas con cargo ao remanente par...

O alumnado de RELEVO2020 do GALP Golfo Ártabro Sur finaliza a súa formación cunha visita á Escola Náutica de Ferrol

Imagen
O programa de capacitación en busca do relevo xeracional no sector pesqueiro está chegando á súa fin con encontros empresariais e visitas experienciais. As sesións presenciais do programa finalizarán a próxima semana e para rematar as actuacións previstas, tamén está pendente unha visita á Escola Náutica de Ferrol que terá lugar este martes 1 de xuño en horario de mañá. Os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur compartirán xornada, novamente, co alumnado dos GALP A Mariña Ortegal e GALP Golfo Ártabro Norte. Así mesmo, o alumnado ten que elaborar un traballo final teórico co que optará, ante un xurado, a unha viaxe ao País Vasco. Aprendendo da experiencia O pasado martes 25, o alumnado deste segunda edición de Relevo2020 estivo compartindo toda a xornada na zona de Arousa, concretamente en Rianxo, co alumnado dos cinco GALP participantes e con persoas de diferentes entidades que colaboran na iniciativa. A xornada transcurriu nun encontro de mañá coas empresas de turismo activo e de ...

Recta final de Relevo2020

Imagen
Ademais das sesións individuais, os asistentes do GALP Golfo Ártabro Sur participan en visitas experienciais a empresas do sector pesqueiro. A segunda edición do programa de cooperación Relevo 2020 que deu comezo a finais de marzo, está chegando ao seu fin. Ata xuño, os participantes do programa pertencen ao GALP Golfo Ártabro Sur asisten aos últimos seminarios e ás titorías individuais. No noso territorio, as sesións teñen lugar os mércores en Sada a partir das 10.00h. Así mesmo, o grupo tamén está participando en diversas visitas a empresas, mantendo encontros con profesionais de diferentes entidades do sector pesqueiro, relacionadas con el ou ben cos proxectos e ideas empresariais do antigo alumnado. En concreto, a semana pasada compartiron experiencias nas súas instalacións cos propietarios de After Sur deOleiros , un complexo hostaleiro subvencionado polo GALP Golfo Ártabro Sur, e co grupo familiar J J Chicolino, de Boiro, dedicados á fabricación de produtos para a acuicultura, ...

A presentación oficial do II Roteiro Son do Mar terá lugar en xullo

Imagen
No evento contarase coa asistencia do equipo de produción e de realización, así como dalgún dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie. Finalizada e emisión dos 15 capítulos do II Roteiro Teatralizado Son do Mar , no próximo mes de xullo está previsto realizar en Sada a presentación oficial coa asistencia do equipo de produción e de realización, así como dos intérpretes principais e máis emblemáticos da serie. Durante o evento, o elenco asistente escenificará algunha escena do proxecto para presentar os contidos, así como esta viaxe experiencial polo patrimonio mariñeiro dos sete municipios do territorio GALP Golfo Ártabro Sur. Alí estarán Alentía Teatro e o director Afonso García Penas; e parte do elenco amateur e profesional que deu vida, entre outros, a Ramón Boutureira, o protagonista do Roteiro, ou ao seu amigo, o cura de Bergondo, interpretados, respectivamente, por Xosé Eixo Branco e Xosé Lois Fernández Leal. Debido á pandemia sanitaria, o GALP Golfo Ártabro Sur t...

Os GALP promotores do Proxecto Tanza asisten a un encontro no Laboratorio de Plásticos do Campus de Esteiro da UDC

Imagen
O obxectivo era coñecer en profundidade o proceso de valorización dos plásticos, entendido como modelo de economía circular participada polo sector pesqueiro e entidades de inclusión social. Na sesión expúxose o funcionamento das máquinas de tratamento de plásticos baseadas no sistema Precious Plastic, que sirve de fío artellador en moitos dos territorios GALP.                                                                                                          ...

Visitar os espazos museísticos da Rede REMA pode ter premio

Imagen
Os GALP de Galicia promoven, no marco do proxecto Pasaporte REMA, a primeira guía sobre a cultura atlántica europea, reunindo nunha mesma publicación o patrimonio dos 27 museos adheridos a esta iniciativa. Tres deses museos atópanse no territorio do GALP Golfo Ártabro Sur: Aquarium Finisterrae e Torre de Hércules, na Coruña, e Ceida, en Oleiros. As persoas que visiten cinco espazos e sumen selos Remiña no seu pasaporte poden participar no sorteo de 20 cestas mariñeiras.  Hoxe, Día internacional dos museos, lánzase oficialmente a Guía de Espazos Museísticos Pasaporte REMA que se repartirá de modo gratuíto en cada un dos 27 museos da Rede REMA. A publicación contén información dos elementos patrimoniais máis relevantes que se poden atopar en cada espazo, estando orientada desde o punto de vista dos visitantes e dos seus xestores culturais.   Todas as persoas que visiten os museos da Rede REMA irán acumulando selos Remiña e, unha vez alcancen as 5 estampas de museos locali...

Convocados os XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales

Imagen
Ata o venres 4 de xuño, as  𝗺𝘂𝗹𝗹𝗲𝗿𝗲𝘀   𝗱𝗼   𝘀𝗲𝗰𝘁𝗼𝗿   𝗽𝗲𝘀𝗾𝘂𝗲𝗶𝗿𝗼   𝗲   𝗮𝗰𝘂𝗶 ́ 𝗰𝗼𝗹𝗮  poden concorrer aos XII Premios de Excelencia a la Innovación para Mujeres Rurales en 2 categorías. Estes premios están promovidos por  promovidos por la Dirección General de Desarrollo Rural, Innovación y Formación Agroalimentaria del Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA). B)  Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola (exclusiva). C)  Excelencia á innovación en diversificación da actividade económica no medio rural ou zonas costeiras rurais.   Promoción dun sector sostible Este ano, os premios contemplan unha categoría exclusiva para as mulleres do sector pesqueiro e acuícola, baixo o título “Excelencia á innovación na actividade pesqueira ou acuícola”, dirixida a proxectos relacionados con actividades pesqueiras ou acuícolas e complementarias, que utilicen tecnoloxías pesqueiras ou ...