A lonxa da Coruña consigue reducir a súa pegada de carbono e mellorar o aforro enerxético a través de tres proxectos financiados polo GALP Golfo Ártabro Sur
A través de tres proxectos financiados polo GALP
Golfo Ártabro Sur, a lonxa da Coruña buscou solucionar a necesidade do sector
de volverse máis competitivo e de modernizar as súas instalacións, para estar
dentro das premisas de eficiencia e crecemento azul.
1.
GALP8-007:
“Proxecto de aforro enerxético e redución do impacto ambiental na lonxa da
Coruña a través da modernización de luminarias e equipos con máis de seis anos
de vida útil”
O
primeiro deles ten por obxectivo principal mellorar a eficiencia enerxética da
empresa e reducir o impacto ambiental na Lonxa da Coruña a través da
modernización de luminarias utilizando tecnoloxía LED. Así como reducir custos,
mellorando a competitividade e a posibilidade de manter o emprego.
A contribución
deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese
reflectida nos seguintes puntos:
-
Fomento do aproveitamento sostible do patrimonio
medio ambiental das zonas pesqueiras, incluíndo operacións de mitigación do
cambio climático e da transición a unha economía de baixas emisións de carbono.
-
Contribuír á redución da pegada de carbono e favorecer
un modelo de desenvolvemento enerxético sostible.
-
Instalación de enerxías renovables ou accións
que conleven unha mellora da eficiencia enerxética en instalacións (portos,
lonxas, embarcacións, equipamentos de frío, procesado, etc.) co fin de
conseguir maior autosuficiencia
enerxética.
Os resultados obtidos con este proxecto son os seguintes:
- Aforro consumo enerxético: 132500
kWh
- Aforro en
coste enerxético aproximado: 11925 euros
- Redución de
emisións: 51012.5 kg de CO2 equivalente
2.
GALP8-008: “Modernización e incremento da
capacidade de produción de xeo para atender as necesidades de abastecemento no
porto da Coruña”
Este
segundo proxecto consiste na modernización das tres máquinas xeradoras de xeo,
que dan cobertura a todo o sector e das que se benefician o conxunto de
empresas do porto. Con isto búscase incrementar a capacidade de produción de
xeo, mellorar o servizo e dar resposta ás necesidades do sector, introducir
innovacións tecnolóxicas nos equipamentos produtivos que permitan mellorar a
eficiencia e as condicións de traballo, reducir ou consumo enerxético dos
equipamentos conseguindo mellorar a eficiencia e a redución da pegada de
carbono e prestar especial atención ao consumo da auga, potenciando o
aproveitamento sostible e o uso responsable
A contribución
deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese
reflectida nos seguintes puntos:
-
Consolidar ao final do período de programación a
cadea de valor do sector pesqueiro local.
-
Incrementar o valor engadido dos produtos do mar
de maneira diferencial e sostible.
-
Conseguir un sector pesqueiro profesional
innovador e igualitario e en conxunto do territorio
-
Contribuír á redución da pegada de carbono e favorecer
un modelo de desenvolvemento enerxético sostible
-
Adoptar medidas que coincidan no coidado e
preservación do medio natural e os recursos, favorecendo a mellorar da
biodiversidade.
-
Prestar especial atención á auga como recurso que
favorece a riqueza da zona costeira.
Os resultados obtidos con este proxecto son os seguintes:
- Aforro no
consumo: 144639 kWhe
- Aforro
monetario: 9673.74 euros
- Inversión
total do proxecto: 27919.33 euros
- Payback
simple: 2.89 nos
3.
GALP8-031: “Climatización Lonxa - Eficiencia Enerxética”
Modernización das instalacións de climatización da lonxa de xeito
que se poida aforrar o consumo enerxético que mantén o frío e o calor nas instalacións da lonxa, permitindo
así optimizar o consumo e mellorar o mantemento do peixe e a climatización do
entorno de traballo. Reducindo tamén os custos de consumo de enerxía e reparacións.
A contribución
deste proxecto á Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) vese
reflectida no aproveitamento sostible do patrimonio ambiental das zonas pesqueiras,
incluíndo operacións de mitigación do cambio climático e de transición a unha
economía de baixas emisións de carbono.
Resultados
obtidos:
·
Aforro no consumo: 1151814.98 kWh
- Aforro
monetario: 103663.35 euros
·
Redúcese a potencia consumida en máis dun 50%
Medidas
de salubridade da lonxa contra o COVID-19
Ademais, ante a
crise do COVID-19, na lonxa tamén se levaron a cabo medidas para evitar os
contaxios. Dende finais de marzo, suspendéronse
as subastas de capturas das frotas de baixura e de arrastre de litoral
de maneira presencial, que pasaron a facerse de maneira telemática ou telefónica.
Para distribuír
o produto aos compradores, permítese que accedan á casa de venda
correspondente, por suposto, con unha limitación do número de persoas que
entran.
Con isto, buscan
cumprir as medidas de seguridade e hixiene e evitar contaxios entre os
traballadores e usuarios da lonxa.
Comentarios
Publicar un comentario