Dende o GALP Golfo Ártabro Sur volvemos a poñer en marcha os trámites administrativos



O pasado 20 de marzo comunicabámosvos que, debido ao Real Decreto 463/2020 do 14 de marzo polo que se declaraba o estado de alarma para a xestión da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, quedaban suspendidos os prazos. En particular, os contemplados no procedemento de solicitudes de axudas ao abeiro da convocatoria 2020 da Orde do 21 de decembro de 2018.
Hoxe comunicámosvos que volvemos a poñer en marcha ditos trámites, NON COMEZAN DE CERO OS PRAZOS, senón que se reanudan onde os deixamos. Deste xeito, poderedes contar os días que vos queden para facer as entregas de documentación, comezando a contar a partir do día 1 de xuño.
Agradecemos que non vos despistedes e enviedes a documentación requirida o antes posible para poder ir tramitando os expedientes, axilizar o proceso e que non se vos pasen os prazos de entrega.
Se tedes calquera dúbida ou queredes concertar unha cita previe, recordade que podedes contactarnos a través das seguintes canles:
- Teléfono: 881.896.417
- Whatsapp: 617.867.820
- Redes sociais


Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024