Importante labor de comunicación do GALP Golfo Ártabro Sur durante o confinamento para poñer en coñecemento da poboación información de interese sobre o sector
Cando que se decretou o
estado de alarma, dende o GALP Golfo Ártabro Sur tomamos conciencia da
complicada situación que se estaba a desencadear. Por iso mesmo, puxémonos a
traballar dende o primeiro momento para informar de tódalas novas,
modificacións, lexislación e medidas de protección necesarias para que o sector
do mar traballase coa máxima seguridade.
Durante o confinamento, nos
primeiros días o consumo de peixe diminuíu considerablemente, xa que as persoas
tiñan medo de saír ás rúas, así como de ir aos establecementos a comprar
alimentos frescos. Por todo isto, a situación que se estaba a vivir dende o
sector era crítica, os prezos estaban baixando, as compras eran mínimas, e a
posibilidade de que a frota tivese que amarrar masivamente era crecente.
Nas redes sociais do GALP
Golfo Ártabro Sur, tódolos días se compartiron as novas de actualidade
sobre como ía avanzando a situación, e se puxo á disposición de todos e todas información
sobre as axudas que foron saíndo para o sector.
Tamén se expuxo a través de
un artigo e unha animación, a importancia do consumo de peixe fresco para
combater o COVID-19 debido aos beneficios deste alimento na saúde: contén
Omega-3, vitaminas do grupo B e minerais fundamentais, fortalece o sistema
inmunolóxico, axuda á produción de anticorpos que combaten as infeccións e
axuda ao sistema inmune a loitar contra virus e bacterias. Ademais de axudar a
un sector tan importante para Galicia, como é o pesqueiro, a manterse a frote.
Por outro lado, para evitar
que as persoas tivesen que saír das súas casas, pero ao mesmo tempo puidesen
beneficiarse do consumo de peixe fresco, facilitamos as ferramentas a través
das redes sociais poder comprar pescado fresco sen ter que saír da casa. “Os
mercados máis próximos faranche chegar o material á túa casa sen necesidade de saír
ti”. Para isto, puxémonos en contacto cos diferentes mercados, para saber
que medidas se estaban implantado e poder compartilas coa poboación. Nas redes
sociais compartimos: teléfonos, páxinas web, etc., e todo tipo de información
para que as persoas puideran consumir peixe fresco, de proximidade e de
calidade.
A resposta ao labor que se estivo
a desenrolar dende o GALP Golfo Ártabro Sur viuse reflectido na entrevista a
unha das praceiras, que comentaba que a cantidade de xente xoven que estaba
mercando no mercado era moito maior, así como que conseguiran saber do contacto
mediante as redes sociais. Tamén nos fixo saber, que a xuventude estaba pedindo
receitas e coñecendo novos peixes, e que isto era posible gracias a que
preferían consumir nos mercados tradicionais pois facilitaban o levar o produto
á casa, e mesmo se querían ir mercar presencialmente, as medidas de seguridade
e a aglomeración de persoas era moito menor, polo que se sentían mais seguros.
Como conclusión no GALP Golfo
Ártabro Sur, sacamos un lado positivo de toda esta situación, descubrimos para
moitos xóvenes a posibilidade de comer peixe de proximidade e de calidade
achegándoos aos nosos mercados tradicionais. Todos isto, nos alenta para seguir
traballando no mesmo sentido, e poder así impulsar en todos os eidos ao sector
pesqueiro, para que sigan traballando co mesmo énfase que ata agora.
Comentarios
Publicar un comentario