Resumo da campaña “Queda na casa, queda co noso mar”
Ante a situación
de crise que estaba a vivir o sector pesqueiro co comezo do Estado de Alarma, o
día 22 de abril, todos os GALP de Galicia tomamos a decisión de mergullarnos
nunha campaña para dar visibilidade á gran labor que estivo e está a realizar a
xente do mar ante a situación provocada polo Covid-19 e tamén para sensibilizar
á poboación sobre a importancia do consumo de peixe.
Para todo isto,
decidimos que a mellor opción era dar voz ás propias persoas do sector
pesqueiro e de todos aqueles sectores relacionados: transformación,
restauración, náutica, etc. Porque ninguén mellor ca eles nos podía transmitir
que estaba sucedendo no seu día a día, que necesidades tiñan e como se podía
axudar para que este pilar para Galicia seguise en pé e sufrise as
consecuencias o menos posible.
No GALP Golfo
Ártabro Sur, puxémonos en contacto con todos os patróns maiores das nosas
confrarías, así como coas principais asociacións do sector, empresas
transformadoras, praceiras, etc. Cada un deles deunos o seu punto de vista,
pero sen embargo, todos coincidían en que vai ser moi complicado saír de esta
pandemia sen que se sufran graves consecuencias.
As primeiras
voces que participaban na campaña achegábannos datos como que ante a falta de
recursos para protexerse do virus (EPI’S), a caída da demanda doméstica e o
peche da canle Horeca “o sector do mar reduciu en gran medida a súa
actividade, con paróns de ata o 70% da frota nalgunhas autonomías”,
comentaba Basilio Otero, presidente da Federación Nacional de Cofradías de
Pescadores. Un dato moi alarmante para a nosa comunidade pois, como tamén
comentaba José Antonio Pérez, presidente da Federación Galega de Confrarías “do
sector pesqueiro viven directamente 22.000 persoas en Galicia.”
As impresións no
noso territorio non variaban moito, Francisco Sánchez, patrón maior da
Confraría de Mera, comentaba “Os mariñeiros fixemos un esforzo moi grande,
fomos ao mar con unhas condicións que non eran as mais axeitadas para que á
xente non lle faltara o peixe fresco” ou Felipe Canosa, Patrón maior da
Coruña, comentaba “Non podemos parar de ir ao mar, qué comería a xente?”
Como dende os
GALP queríamos aportar o noso gran de area realizando unha labor que axudase á
cidadanía, quixemos propor 2 ou 3 receitas de peixe á semana, con elas
conseguíamos que as persoas tivesen as súas necesidades semanais de peixe
cubertas e ademais que as persoas soubesen como se cociñan as diferentes
especies e todos aqueles que nunca as probasen ou que tivesen unha forma
diferentes de cociñalas, terían unha escusa, como a de ter que permanecer nos
seus domicilios para probar estas delicias que nos aporta o mar.
Podedes
atopar todas as entrevistas e receitas no noso blog e redes sociais:
ENTREVISTAS:
- Alberto L. Castro García, presidente do GALP Golfo Ártabro Sur
- Francisco Manuel Sánchez Neira, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Mera
- Emilio Méndez Gómez, patrón maior da Confraría de Pescadores de Lorbé
- Alejandro Pérez, patrón maior da Cofradía de Pescadores de Sada
- Felipe Canosa Entonado, patrón maior da Cofradía de Pescadores de A Coruña
- Juan Carlos Corrás, xerente da asociación PESCAGALICIA-ARPEGA-OBARCO
- Andrés García Boutureira, portavoz da Asociación de Armadores de Cerco de Galicia (Acerga)
- María das Redeiras de Lorbé
- Andrés Pena, presidente da Agrupación de Mariscadores da Ría do Burgo
- Sonia Amor, peixeira no posto “Pescaderías Sonia” do Mercado de Elviña
- José Luis Otero, xerente da lonxa da Coruña

Comentarios
Publicar un comentario