A maioría dos proxectos do GALP Golfo Ártabro Sur xustificados durante a anualidade 2019 xa están pagados






A pesares das complicacións xurdidas nos últimos meses, a actividade do GALP Golfo Ártabro Sur non parou en ningún momento, proba disto, e que a gran maioría dos proxectos  xustificados durante a anualidade 2019, xa están pagados por parte da Consellería do Mar.
Dentro dos 12 proxectos que fixeron actividades e foron xustificados no ano 2019, todos foron realizados con grande éxito e xustificados en tempo e forma.
O importe total subvencionado finalmente na anualidade 2019 é de 643.761,37 euros, dos cales xa están totalmente pagados 627.452,25 euros, un 97,47% do total.
Dende o grupo estamos moi contentos de que os promotores puidesen cobrar sen demoras axudando así a que este importe os axude a sobrelevar a situación vivida pola crise do COVID19.

Se tes calquera dúbida sobre o teu proxecto, ponte en contacto con nós a través de calquera das seguintes canles:
 Teléfono: 881 896 417
 WhatsApp: 617 867 820
Redes sociais

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

O GALP Golfo Ártabro Sur é o único que participa nos catro novos proxectos de cooperación impulsados polos GALP de toda Galicia para seguir dinamizando o seu territorio