GALP Golfo Ártabro Sur financiou a aparición de novas redeiras a través dunha actividade formativa impulsada polo Concello de Sada
Na anualidade 2019, o Concello de Sada impulsou un proxecto
para a cualificación profesional de redeiras, destinado para persoas
desempregadas ou activas que quixesen traballar por conta propia ou allea. Esta
proxecto denominado: “Actividade formativa de confección e mantemento de
artes e aparellos e obtención do certificado de profesionalidade”, esta
actividade formativa consistiu en confeccionar e montar artes e aparellos de
pesca, así como efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo procedementos
tradicionais.
Na
actualidade, este tipo de oficio é realizado por xente en idades moi avanzadas,
polo que estase a producir unha perda e envellecemento da man de obra. Con este
proxecto pretendeuse promover un relevo xeracional, formando e
profesionalizando a xente nova en situación de desemprego, e conseguindo un
sector pesqueiro innovador e igualitario.
Neste
proxecto principalmente realizáronse labores formativas, que cumpriron todos os
requisitos esixidos polo certificado de profesionalidade Confección e
Mantemento de Artes e Aparellos. Abordou os contidos establecidos no Real
Decreto 1376/2009 para este certificado de profesionalidade Confección e
mantemento de artes e aparellos MAPN0108.
O
seguimento da formación por parte do persoal técnico facilitouse mediante o
emprego dos seguintes formularios:
- Planificación didáctica do curso con desagregación por
unidades formativas. Indicouse para cada unidade formativa os obxectivos
específicos, contidos, as estratexias metodolóxicas, actividades de aprendizaxe
e recursos didácticos, así como os espazos, instalacións e equipamentos. Incluíu
unha planificación da avaliación da aprendizaxe e a programación formativa
durante o módulo práctico.
- Formulario de control de asistencia.
- Informe de avaliación individualizado de cada alumno,
con indicación da avaliación continua do proceso de aprendizaxe, os resultados
obtidos nas probas de avaliación de cada módulo, a cualificación final do
módulo e observacións.
- Acta de avaliación conxunta para todo o grupo, con
indicación do resultado obtido por cada alumno na avaliación de cada unidade
formativa e cada módulo, así como a posibilidade de obtención de certificado ou
acreditación parcial.
- Certificación de aproveitamento do curso, emitido ás
persoas que participen un mínimo de 78% de cada módulo, e superen a avaliación.
Este
certificado emitiuse por CETMAR o Concello de Sada, e aparecerán os logos das
entidades financiadoras FEMP, Consellería do Mar e GALP Golfo Ártabro Sur e non
se corresponde co Certificado de Profesionalidade que emitirá a Consellería de
Economía, Emprego e Industria. Para esta actividade formativa o alumnado foi
preseleccionado pola oficina de emprego para cubrir as prazas. A sondaxe realizouse
entre persoas desempregadas e ocupadas dos concellos que forman parte do
territorio do GALP Golfo Ártabro Sur, cuns criterios preferentes. O obxectivo
do curso foi confeccionar e montar artes e aparellos de pesca, así como
efectuar a súa reparación e mantemento, seguindo as indicacións dos planos e/ou
os procedementos tradicionais.
Grazas a
esta actividade formativa, nove redeiras obtiveron o Certificado de
Profesionalidade da Consellería de Economía, Emprego e Industria, requisito
imprescindible para darse de alta na seguridade social, e supoñendo ademais un
valor engadido á hora de exercer a súa labor. Con isto conseguiuse que o relevo
xeracional estea cada vez mais cerca, e poidamos seguir desfrutando de oficios
tan antigos e tan importantes nos nosos tempos para o sector pesqueiro como é
ser redeira.
Comentarios
Publicar un comentario