A exposición colectiva “Somos mar II” amosa a influencia do mar na arte do noso tempo

O 1 de outubro inaugurouse na capela de San Roque de Sada a exposición colectiva "Somos mar II", unha das actividades paralelas do Festival Mar de Mares 2021. Presidiron o evento o alcalde do Concello de Sada, Benito Portela; o secretario do GALP Golfo Ártabro Sur, José Garrote; representantes da organización, así como os artistas autores das obras. 

“Somos mar II” é unha mostra colectiva na que artistas galegos ou residentes en Galicia ofrecen a súa visión do océano e a súa relación cos mares. En distintos formatos, vídeo, escultura, debuxo, instalación e fotografía, estas pezas, creadas especificamente para esta oitava edición do festival amosan a influencia do mar na arte do noso tempo. A mostra estará complementada con encontros cos artistas. 




Relación de obras e artistas:
▪ Raúl Álvarez: "Burning Ice"
▪ Juan Lesta: "Horizonte / 5"
▪ Ruth Montiel Arieas: "In The Depth of Space 2050"
▪ Emile Gireau: "O berce do capitán"
▪ Susana Román: "O que deixamos atrás"
▪ Ana María Cabanes Fontao: "37" (da serie Kosmos)
▪ Xosé Iglesias: "Espírito Hermanos Sambad"
▪ Joseba Muruzábal: mural "Pescantinas"

Igual que en edicións anteriores e desde 2019, o festival recibiu unha subvención do GALP Golfo Ártabro Sur para apoiar o seu desenvolvemento.

A entrada é libre todo o mes de outubro, de martes a sábado (10.00 a 14.00 e 17.00 a 20.00 horas).

Nesta ligazón poden verse todas as fotos da inauguración > https://www.facebook.com/media/set?vanity=galpartabrosur&set=a.1107267186345056 




Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024