O Proxecto Tanza senta as bases para a busca de novas sinerxias entre o sector pesqueiro e o da inclusión
O Proxecto Tanza pechou a súa andaina nun acto en Santiago de Compostela
promovido polos 6 Grupos de Acción Local no Sector Pesqueiro promotores do proxecto:
Galp A Mariña-Ortegal (coordinador), Golfo Ártabro Norte e Golfo Ártabro Sur, Costa
da Morte, Costa Sostible e Ría de Arousa.
Esta derradeira xornada de Tanza congregou tamén aos responsables das entidades que promoveron as iniciativas de Tanza en cada territorio, así como entidades colaboradoras como o Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña, a Escola Superior de Deseño Industrial de Galicia, Precious Plastic de Fair Enough, e a empresa de xestión de lixo mariño Recuperamos. Esta última, que é un proxecto de emprendemento financiado polo Golfo Ártabro Sur, expuxo o seu traballo para buscar posibles sinerxias con entidades de diversidade funcional.
En paralelo, puido visitarse unha mostra para a posta en común do labor desenvolto polas diferentes entidades de inclusión que participaron do proxecto, así como do Laboratorio de Plásticos da Universidade da Coruña e de Fair Enough.
Cooperación pesca-inclusión
Desde o arranque do Proxecto Tanza realizáronse máis dun cento de
reunións de traballo ao longo de toda a costa galega nas que participaron máis de
180 entidades -sendo máis de 50 do ámbito pesqueiro- e implicáronse activamente
máis de 20 concellos de entre os territorios do Grove a Ribadeo.
Comentarios
Publicar un comentario