Proposta Definitiva Xunta Directiva GALP Golfo Ártabro Sur setembro 2021

A Xunta Directiva do GALP Golfo Ártabro Sur, en reunión celebrada 5 de outubro de 2021, seleccionou provisionalmente os proxectos que considerou prioritarios para a execución da súa Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo, de conformidade cos criterios establecidos nesta e no estipulado na “Orde de Axudas do 3 de agosto de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), aprobadas para os grupos de acción local do sector pesqueiro para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca 2014-2020, e se convocan as correspondentes ao ano 2021”.

    Pasados os 5 días hábiles sen terse presentado alegacións esta proposta provisional da Xunta Directiva para os proxectos da Convocatoria de Setembro de 2021 pasa a ser unha proposta definitiva que non crea ningún dereito a favor do solicitante proposto

    Esta proposta está tamén publicada no taboleiro de anuncios da oficina do GALP Golfo Ártabro Sur. Tal e como se reflicte no artigo 24.3 da Orde de bases do 3 de agosto de 2021, da Consellería do Mar.

CERTIFICACIÓN DO ACORDO DA XUNTA DIRECTIVA

PROPOSTA DE RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CONCESIÓN DE AXUDAS E DE DESESTIMACIÓN DE AXUDAS

AVALIACIÓN DE PROXECTOS PRODUTIVOS E PROXECTOS NON PRODUTIVOS


 

Comentarios

Entradas populares de este blog

Enmalle Studio

En marcha los nuevos proyectos para la convocatoria 2025

Éxito rotundo na convocatoria de axudas 2024